Venres, Novembro 17, 2017
Colaboramos coa Xunta de Castela e León nun encontro sobre o sector agrario
Palencia, 17 de novembro de 2017.- Hoxe ten lugar no Centro Integrado de Formación Profesional de Palencia o II Encontro Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrario organizado pola Xunta de Castela e León, que ten como lama, “Sector agrario, buscando solucións”.
O ISSGA colabora nesta xornada coa participación de Ángel López Älvarez, xefe do Centro Issga de Ourense, cun relatorio sobre os riscos na maquinaria agrícola, con referencia a tractores principalmente.
Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en congresos, feiras, xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral, tanto de ámbito autonómico como nacional ou internacional, difundindo as actividades e traballos realizados polo Instituto.