Novas

Xoves, Xuño 01, 2017

Colaboramos coa Deputación da Coruña nunha xornada sobre a saúde laboral desde unha perspectiva de xénero

A Coruña, 1 de xuño de 2017.- Hoxe desenvolveuse no Pazo provincial da Coruña unha xornada formativa sobre a saúde laboral desde unha perspectiva de xénero organizada pola Deputación da Coruña, en conmemoración o 28 de maio do Día Internacional de acción pola saúde das mulleres, que contou con profesionais de recoñecido prestixio do ámbito universitario, social, laboral e sindical.

O Issga colabora nesta acción formativa coa participación de Nieves Lorenzo Espeso, xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro Issga da Coruña, nunha mesa redonda sobre a “Prevención de riscos laborais con perspectiva de xénero”.

O Issga, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, tanto na realización de accións formativas nos seus centros provinciais como colaborando con outras entidades e órganos técnicos especializados, de maneira que se convertan en focos de transmisión de saber preventivo.