Novas

Venres, Abril 04, 2014

Colaboración do Issga na 10ª edición da Semana Cultural do IES Lamas de Abade

Colaboración do Issga na 10ª edición da Semana Cultural do IES Lamas de Abade

Lucía Ferrón Vidán, xefa da Sección de Hixiene Industrial do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), participará na 10ª edición da Semana Cultural do IES Lamas de Abade, que do 1 ao 4 de abril está tendo lugar neste centro educativo.

Durante a dita semana se levan adiante diferentes actividades para complementar a formación do alumnado con relatorios sobre diversos temas de interese, entre os que se atopa a seguridade e a saúde no traballo, co obxectivo de incentivar condutas e hábitos seguros nunha liña de anticipación aos riscos laborais aos que terán que enfrontarse como futuros empresarios/as e traballadores/as.

A intervención de Lucía Ferrón terá lugar o venres, 4 de abril,  ás 12 horas.