Mércores, Decembro 12, 2012
Colaboración do ISSGA coa Fundación Inade, Instituto Atlántico del Seguro
Onte tivo lugar no marco do “Foro Inade”, espazo destinado á análise, debate e reflexión sobre as diferentes fases da xerencia dos riscos e a xestión do seguro, unha xornada sobre os riscos marítimos en colaboración coa Autoridade Portuaria de Vigo.
Nesta xornada, que estivo organizada en dúas fases, comezou coa proxección dunha película na que se abordou a problemática dos riscos marítimos para continuar, baixo o modelo dunha mesa redonda, cunha exposición de diferentes relatores á que seguiu un coloquio cos asistentes ao acto.
Nesta mesa redonda participou o xefe do Centro do ISSGA de Pontevedra, José Antonio Rodríguez Arribe.