Xoves, Xullo 14, 2011
Charla formativa sobre riscos hixiénicos e ambientais para docentes de formación ocupacional
O xefe do Equipo técnico de Hixiene do Centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Pontevedra (Rande-Redondela), Alfonso Pérez Santiago, impartiu o mércores, 13 de xullo, unha charla sobre “Hixiene Industrial e Medio Ambiente Natural” no Centro de Formación Ocupacional de Coia (Vigo), dependente da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Esta acción formativa, que contou con 25 asistentes, estivo dirixida aos profesores e monitores deste centro de formación e tivo unha duración dunha hora e media, co obxectivo de ampliar os coñecementos destes docentes sobres os riscos hixiénicos e ambientais.