Novas

Xoves, Xuño 26, 2025

Campaña de prevención de riscos laborais por fenómenos meteorolóxicos adversos

Imaxe

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2025. Na nosa calidade de vogais da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e do gran número de Grupos de Traballo a nivel nacional, o ISSGA súmase á campaña impulsada polo INSST como un espazo web enfocado á prevención dos riscos laborais que se derivan dos fenómenos meteorolóxicos adversos.

Trátase dunha acción de sensibilización que ofrece recomendacións xerais de actuación ante emerxencias e pautas específicas fronte a situacións concretas.

Para  poñer en valor a importancia da prevención de riscos laborais na túa organización e dar difusión a este espazo web e aos materiais  de sensibilización, podes sumarte a esta campaña e, para iso, tés reservado un espazo para o teu  logo nos materiais, de modo que podes facela túa seguindo o procedemento que se explica no espazo web.