Sábado, Agosto 10, 2024
Aviso por episodio de calor nivel 2 (laranxa) e nivel 1 (amarelo)
En base a isto, dentro do marco do "Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde", do que forma parte o ISSGA, achégase a seguinte comunicación de alerta por episodio de calor.
Nivel 1 (nivel amarelo) -
As zonas afectadas polo nivel 1 para hoxe é a seguinte:
-
Noroeste de Ourense (Amoeiro, Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, Coles, O Irixo, Maside, A Peroxa, Piñor, San Cristovo de Cea, Vilamarín)
-
Montaña de Ourense (O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadañedo)
-
Miño de Pontevedra (Arbo, Crecente, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, O Porriño, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui)
Nivel 2 (nivel laranxa) -
As seguintes zonas están afectadas polo nivel 2 para hoxe, pasando o día de mañán a nivel 1:
-
Miño de Ourense (A Arnoia, Barbadás, Beade, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Nogueira de Ramuín, Ourense, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén)
-
Valdeorras (O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras)
O Plan está dispoñible na ligazón:
https://airesaude.sergas.gal/Contidos/CC_Recomend_calor?idioma=ga
As recomendacións xerais para os centros sanitarios son as que se atopan no Anexo VIII.
As recomendacións xerais para os centros sociosanitarios son as que se atopan no Anexo VII.
Comentario de Meteogalicia:
Entrada de aire cálido de latitudes inferiores, que dará lugar a altas temperaturas, sendo hoxe sábado o día no que se acadarán as máximas máis elevadas. As zonas máis afectadas estarán localizadas na provincia de Ourense e tamén no Baixo Miño. Descenso das temperaturas mañá domingo que fará que remate este episodio.
Ligazóns de interese:
https://issga.xunta.gal/gl/campanas/traballo-e-calor