Novas

Venres, Setembro 28, 2012

A Asociación de Empresarios da Construción de Ourense celebrou as VII Xornadas técnicas sobre prevención de riscos laborais

O pasado 26 de setembro tivo lugar no Centro ISSGA de Ourense as VII Xornadas técnicas “Prevención de riscos laborais” que dende o ano 2005 vén promovendo a Asociación de Empresarios da Construción de Ourense – ACO.

Este ano contaron coa colaboración da Inspección de Traballo e Seguridade Social e do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e tiveron como puntos destacados por unha banda, as actuacións da Inspección de Traballo no sector e os incumprimentos e sancións máis frecuentes, e polo outro, a integración da prevención na xestión da empresa para evitar os accidentes laborais.