Novas

Martes, Xuño 13, 2017

Asistimos a unha xuntanza no INSHT sobre medios de protección no traballo

Madrid, 13 de xuño de 2017. Héctor González Nóvoa, técnico do Centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Ourense participa esta mañá nunha xuntanza do grupo de traballo AEN/CTN 81 Prevención e medios de protección persoal e colectiva no traballo que ten lugar na sede do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Trabalo (INSHT) en Madrid.

Entre outros asuntos da orde do día, abordaranse os seguintes:

  • Votar unha nova versión dá ISO/DIS 45001-2:2017 “Sistemas de xestión da seguridade e saúde no traballo-Requisitos con orientación para uso”
  • Proposta de cambio de denominación do CTN 81.
  • Proposta de constitución dun Grupo de Traballo ad hoc sobre Riscos Novos e Emerxentes
  • Proposta de incorporación de novos vogais ao Pleno do CTN 81