Venres, Novembro 21, 2025
Asistimos a reunión do subgrupo (SGT) da transición dixital da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2025
Hoxe venres tivo lugar unha reunión do subgrupo de traballo da transición dixital da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo no que está a participar o ISSGA.
O ISSGA participa no Grupo de Traballo “Transición Dixital, Ecolóxica e Demográfica”, o que pertence este subgrupo. As accións deste grupo están en liña coa Estratexia Española en Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027 co obxectivo de xestionar a transformación dixital, ecolóxica e demográfica, así coma o cambio climático, dende a óptica preventiva.
Neste subgrupo da transición dixital participa César André Rivas, Xefe da sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga, e nel participan diferentes representantes / interlocutores da Administración Xeral do Estado, os Institutos das Comunidades Autónomas, as Organizacións Empresariais e as Organizacións Sindicais.
O motivo principal da reunión foi o de seguir traballando no documento que está a elaborar o grupo de traballo sobre a transición dixital e as súas implicacións na prevención de riscos laborais.
Tamén se indicaron cambios nos integrantes do grupo e o estado dos proxectos aprobados polo grupo das transicións, e que teñen como prazo previsto de execución o ano 2026.