Xoves, Xuño 12, 2014
Asistencia á Xunta Asesora Empresarial de Fremap Galicia
O xefe do Centro do ISSGA en Ourense, Ángel López Álvarez, asistiu hoxe á celebración da Xunta Asesora Empresarial de Fremap Galicia que este ano se celebrou en Ourense.
Neste acto institucional estiveron presentes representantes do empresariado e das institucións públicas galegas.
Presentouse un resumo das actividades que levou a cabo Fremap ao longo do ano 2013 e tivo lugar un relatorio que versará sobre as novidades lexislativas en materia de contratación.