Venres, Marzo 08, 2019
Analizamos os regulamentos REACH e CLP
Rande-Redondela (Pontevedra), 8 de marzo de 2019. O Centro Issga de Pontevedra acolleu esta xornada sobre os regulamentos REACH e CLP coa asistencia de máis de 50 persoas.
O Regulamento (CE) núm. 1907/2006 de Rexistro, Avaliación, Autorización e Restrición de substancias e mesturas químicas (REACH) entrou en vigor o 1 de xuño de 2007 e ten como obxectivo principal mellorar a protección para a saúde humana e o medio ambiente fronte ao risco que pode levar a fabricación, comercialización e uso das substancias e mesturas químicas.
Para cumprir coas disposicións do REACH as empresas deben identificar e xestionar os riscos asociados ás substancias que fabrican e comercializan na Unión Europea. Deben demostrar como usar ditas substancias de maneira segura e comunicar toda aquela información relativa ás medidas de xestión de riscos ás partes implicadas.
Durante esta xornada se indicaron as diferenzas e as sinerxías entre o regulamento REACH e o Real Decreto 374/2001 de protección da saúde e seguridade dos traballadores e traballadoras contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo.
Expuxéronse os principios básicos do regulamento relativo ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos, e o regulamento sobre clasificación, etiquetado e envasado de substancias e mesturas, indicando as implicacións máis relevantes para a industria.
Tamén se analizaranse as implicacións e repercusións desta normativa, con respecto ás obrigas do usuario intermedio, incidindo no intercambio de información na cadea de uso e resaltando a importancia das fichas de seguridade. Por último, se presentou a incidencia dos regulamentos REACH e CLP na prevención dos riscos laborais asociados ao uso das substancias e mesturas químicas.