Novas

Venres, Abril 06, 2018

Analizamos no Centro Issga de Pontevedra as novidades da nova norma UNE-689 relacionadas coa avaliación do risco por inhalación de axentes químicos

Analizamos no Centro Issga de Pontevedra as novidades da nova norma UNE-689 relacionadas coa avaliación do risco por inhalación de axentes químicos

Rande-Redondela, 6 de abril de 2018. En vista da importancia desta norma para a avaliación do risco químico, o Issga organiza esta xornada técnica co fin de presentar a nova norma UNE 689 e analizar e debater as implicacións e alcances da súa aplicación.

As directrices descritas na norma EN 689 foron utilizadas amplamente polos profesionais no ámbito da prevención de riscos laborais para avaliar a exposición por inhalación de axentes químicos.

Transcorreron máis de 20 anos desde a súa publicación, e nos últimos anos, grazas aos avances científicos e técnicos, diferentes asociacións profesionais e institucións cuestionaron a idoneidade dos criterios recolleitos na devandita norma á hora de obter resultados fiables

Facéndose eco desta situación, o Comité Europeo de Normalización (CEN) creou un grupo técnico liderado polo INRS (Institut National de Recherche et Sécureté) de Francia para revisar o seu contido.

Nesta nova norma UNE 689 xa aprobada desenvólvese unha estratexia para realizar medicións representativas de exposición inhalatoria a axentes químicos a fin de poder demostrar o cumprimento en relación co valor LEP.

Nesta xornada dirixida a empresarios, mandos intermedios, traballadores e persoal con responsabilidade en materia preventiva e en especial expertos en hixiene industrial tratáronse os seguintes aspectos:

  • Antecedentes e contido na nova norma UNE-689

  • Diferenzas entre a anterior e a nova norma UNE-689

  • Análise crítica da nova norma UNE-689 e consecuencias da súa aplicación

O obxectivo principal é dar a coñecer a nova norma UNE 689 aos profesionais e a todos aqueles interesados na prevención de riscos laborais e en especial na disciplina de hixiene industrial co fin de que as estratexias que se desenvolvan para demostrar o cumprimento co valor LEP sexan acertadas.