Novas

Martes, Abril 24, 2012

Análise dos desprazamentos transnacionais nunha xornada técnica en Ourense

Hoxe tivo lugar no Centro do ISSGA en Ourense unha xornada técnica sobre a seguridade e a saúde laboral nos desprazamentos transnacionais, tanto con respecto as empresas e traballadores que veñen ao noso país como con respecto os que se desprazan fóra das nosas fronteiras.

Na nosa comunidade autónoma atopamos diferentes supostos:

- Empresas estranxeiras que veñen traballar aquí, especialmente empresas transfronteirizas procedentes de Portugal, pero tamén do resto de países, que poden traer os seus propios traballadores ou contratalos aquí. Algunhas desas empresas máis tarde acaban constituíndose a súa vez en empresas no noso país.

- Traballadores da UE, e moi especialmente transfronteirizos procedentes de Portugal, pero tamén do resto do mundo, que traballan en empresas galegas ou españolas.

- Empresas galegas que se desprazan a outros países a traballar, e que ou ben levan os seus traballadores ou ben os contratan no país de destino. Algunhas desas empresas máis tarde acaban constituíndose a súa vez en empresas no país de destino.

Todo isto presenta temas que teñen que ver coas obrigas legais en materia de prevención e as coberturas sociais, sobre os que é preciso profundar dende o punto de vista das institucións, as empresas e os servizos de prevención.

Nesta xornada participaron os seguintes relatores:

- Introdución.
Ángel López Álvarez. Xefe do Centro do ISSGA en Ourense.

- Os desprazamentos transnacionais e o Rexistro de Empresas Acreditadas do sector da construción da Lei de subcontratación.
Relatora: Guadalupe Álvarez Álvarez. Xefa do Servizo de Relacións Laborais. Subdirección Xeral de Traballo. Consellería de Traballo e Benestar.

- A Inspección de Traballo e os desprazamentos transnacionais
Relatora: Rocío de Frutos Madrazo. Inspectora de Traballo e Seguridade Social.

- Os desprazamentos transnacionais e as coberturas sociais.
Relator: Jesús Blanco. Director Provincial do INSS en Ourense.

- Eures: un instrumento de información a traballadores e empresarios nos desprazamentos transnacionais.
Relator: Manuel Iglesias Suárez Noguerol. Técnico Eures. Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Ourense.

- Os desprazamentos transnacionais dende o punto de vista da parte técnico-empresarial.
Relator: Gumersindo Quiroga López. Xefe do Servizo de Prevención Propio de COPASA.