Martes, Marzo 27, 2012
Análise das especificacións do Código Técnico da Edificación vinculadas coa prevención de riscos laborais no Centro ISSGA da Coruña
Esta mañá tivo lugar no Centro ISSGA da Coruña a xornada técnica "Código Técnico da Edificación. Implicacións das condicións de seguridade na utilización dos lugares de traballo", organizada por Fremap, coa asistencia de máis de 40 persoas.
Analizáronse as especificacións do Código Técnico de Edificación, vinculadas á prevención de riscos laborais, dende o punto de vista das condicións de seguridade na utilización dos centros de traballo, poñéndoas en relación co contido do Rd 486/1997, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.