Novas

Martes, Maio 04, 2010

AMIANTO: TRÍPTICOS INFORMATIVOS DO ISSGA E OUTRAS ACTUACIÓNS

AMIANTO: TRÍPTICOS INFORMATIVOS DO ISSGA E OUTRAS ACTUACIÓNS

O ISSGA ven de realizar diferentes actuacións dirixidas a fomentar o cumprimento da actual normativa en relación aos traballos nos que pode haber exposición ao amianto, con especial atención ao sector da construción.

Elaboráronse DOUS TRÍPTICOS INFORMATIVOS: un dirixido a empresas que leva por título “Riscos por amianto: obrigas das empresas” e outro dirixido a traballadores titulado “Riscos por amianto na construción”, que dende hoxe poden ser descargados da nosa páxina web.

Tamén enviamos CIRCULARES A DIFERENTES COLECTIVOS da nosa comunidade autónoma nas que ademais de comunicarlles a información básica sobre os principais requisitos legais que hai que cumprir cando se executan traballos con risco por amianto e proporcionarlles información máis detallada de carácter técnico e administrativo, se lles solicita a súa colaboración no cumprimento da normativa dende o seu ámbito de actuación ao tempo que se lle ofrece o asesoramento técnico do ISSGA a este respecto.

Estas circulares dirixíronse aos concellos, autoridades portuarias de Galicia e Zona Franca de Vigo e tamén a diferentes colexios profesionais e ás asociacións de empresarios da construción.

A Fundación Laboral da Construción está a colaborar co ISSGA na difusión dos trípticos informativos antes nomeados.

O ficheiro zip contén a seguinte información:

-Tríptico “Riscos por amianto: obrigas das empresas”
-Tríptico “Riscos por amianto na construción”.