Xoves, Agosto 13, 2026
Actualización de alerta por episodio de calor
Dentro do marco do "Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde", do que forma parte o Issga, achégase a seguinte comunicación de alerta por episodio de calor:
Seguiremos afectados por unha masa de aire moi cálido en superficie, con valores altos en toda a Comunidade. As temperaturas máis altas daranse no val do Miño e en Valdeorras con rexistros por riba dos 39-40ºC, no resto do sur arredor dos 30-35ºC.
Mantense a alerta por episodio de calor nas seguintes zonas isoclimáticas:
Nivel 2 (laranxa):
Zona de Montaña de Ourense: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo
Zona de Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.
A zona do interior de Pontevedra deixa de estar en alerta de nivel 2, laranxa.
Non hai ningunha zona isoclimática en alerta vermella.