Venres, Setembro 04, 2026
Activación de alerta por episodio de calor
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2026
Dentro do marco do "Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde", do que forma parte o Issga, achégase a seguinte comunicación de alerta por episodio de calor nas seguintes zonas isoclimáticas:
Nivel 1 (amarelo)
Montaña de Lugo: Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela
Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.
Nivel 2 (laranxa)
Noroeste A Coruña: Abegondo, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Cambre, Carballo, Cariño, Carral, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Laxe, Laracha, A, Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Ortigueira, Oza Cesuras, Paderne, Ponteceso, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Valdoviño, Vilarmaior.
Montaña Ourense: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo
Nivel 3 (vermello)
Interior de Pontevedra: Agolada, Campo Lameiro, O, Caniza, A, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, Estrada, A, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, Lama, A, Moraña, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces
Neste enlace tamén poden atopar un mapa indicativo das zonas e concellos afectados: https://leugimsan.es/dxsp/mapacalor/
Durante o venres continuará a influencia anticiclónica sobre Galicia. As temperaturas mínimas en lixeiro a moderado ascenso e as máximas en lixeiro ascenso no interior, con descensos na metade norte do territorio. Os ventos soprarán do norte-nordés frouxos en xeral, moderados no litoral norte.
Agárdanse temperaturas máximas moi altas no interior e sur da Comunidade. Valores arredor dos 36-39ºC.
Ligazóns de interese: