Luns, Agosto 10, 2026
Activación de alerta por episodio de calor
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2026
Dentro do marco do "Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde", do que forma parte o Issga, achégase a seguinte comunicación de alerta por episodio de calor nas seguintes zonas isoclimáticas:
Nivel 1 (amarelo) afectará ás zonas isoclimáticas:
Zona de Interior de Pontevedra: Agolada, Campo Lameiro, O, Caniza, A, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, Estrada, A, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, Lama, A, Moraña, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces).
Zona de Montaña de Ourense: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo.
Neste enlace tamén poden atopar un mapa indicativo das zonas e concellos afectados: https://leugimsan.es/dxsp/mapacalor/
A partir de hoxe unha masa de aire cálida procedente do sur da península Ibérica comezará a entrar en Galicia. Esto, combinado coas altas presións que deixarán os ceos despexados, ocasionará un incremento das temperaturas entre luns e martes. A situación de calor continuará previsiblemente ata o venres, especialmente no interior da Comunidade.
A exposición a temperaturas excesivas pode provocar problemas de saúde tales como mareo, esgotamento, debilidade, fatiga e cambras musculares, síncope, deshidratación, insolación e golpe de calor. Por este motivo, recoméndase evitar as actividades ao aire libre nas horas máis calorosas e reducir a actividade física, hidratarse, usar ropa lixeira e gorra e prestar especial atención aos grupos de poboación con maior vulnerabilidade (persoas maiores, nenos e nenas, especialmente os e as menores de catro anos, embarazadas, persoas con problemas de saúde crónicos, persoas que traballan ou practican deporte intenso no exterior).
Ligazóns de interese: