Xoves, Agosto 20, 2026
𝗙𝗶𝗻𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮 𝗼 𝗲𝗽𝗶𝘀𝗼𝗱𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝗹𝗼𝗿 𝗲𝗻 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮
Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2026
Dentro do marco do "Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde", do que forma parte o Issga, achégase a seguinte comunicación: ningunha zona isoclimática se atopa en nivel de alerta.
A chegada dunha fronte pouco activa traerá aire atlántico a toda Galicia, máis fresco e húmido, que provocará un aumento da nebulosidade e un importante descenso das temperaturas.
Os valores suaves nos termómetros manteranse tamén nos seguintes días.