29/05/2024
Xestión dos riscos psicosociais: abordaxe preventiva e normativa
- Data: 29/05/2024
- Inscrición: 07/05/2024 a 29/05/2024
- Duración: 2 horas
- Lugar de celebración: Centro Issga_Pontevedra
- Consultar a ubicación en Google Maps
Máis aló da obrigación dunha protección efectiva fronte a todos os riscos presentes no lugar de traballo, a salvagarda do dereito á integridade moral, á dignidade debida, á igualdade e non discriminación, á intimidade, á conciliación ou á desconexión dixital, requiren unha xestión psicosocial adaptada ás novas formas de organización do traballo a través dun diagnóstico tecnicamente adecuado e dunha planificación das medidas preventivas con seguimento e control efectivos.
Durante esta xornada técnica, realizada en colaboración con Aenor, expoñeranse as accións crave a levar a cabo para unha xestión psicosocial efectiva para as persoas e para as empresas, integrando a todos os axentes implicados e propoñendo pautas de actuación que desemboquen nunha integración eficaz do ámbito psicosocial na política preventiva das empresas e organizacións, moi especialmente nas pemes.
10.15 PRESENTACIÓN
Alfonso Pérez Santiago. Xefe do Centro Issga_Pontevedra
10.20 APERTURA
Pablo Fernández López. Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
10.25 PREVENCIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS E CAMPAÑAS DO ISSGA
Mª Jesús Copa Arias. Técnica superior de seguridade e saúde laboral do Centro ISSGA_A Coruña
10.45 ABORDAXE DOS RISCOS PSICOSOCIAIS DENDE A LEI DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E DO CRITERIO TÉCNICO 104/2021 DA ITSS
César André Rivas. Xefe da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga
11.10 DESCANSO
11.35 ISO 45003: ESTRATEXIAS E BOAS PRÁCTICAS NA XESTIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS
Carolina Soto Mojica. Manager Sanidade e Saúde. AENOR
12.30 COLOQUIO E PECHE
José E. Rodríguez Coello. Director sede Galicia. AENOR
Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do Issga
Programa
Documentación
Descarga pdfs: