Formación

25/10/2023

Xestión do retorno ao traballo logo dunha incapacidade temporal de longa duración causada por un trastorno musculoesquelético

  • Data: 25/10/2023
  • Inscrición: 16/10/2023 a 24/10/2023
  • Duración: 2 horas
  • Lugar de celebración: En liña

Xornada técnica que forma parte  das actividades organizadas polo ISSGA con motivo da Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo.

Os trastornos musculoesqueléticos (TME) relacionados co traballo son o problema de saúde máis común en España e en Europa, afectando a 3 de cada 5 traballadores/as. Ademais, os TME son a primeira causa de incapacidade temporal de longa duración, sendo un problema de gran magnitude tanto para as empresas como para os traballadores afectados.

Unha xestión eficiente do retorno ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde é clave para:

  • Garantir unha reincorporación saudable e segura
  • Evitar recaídas e contribuír no proceso de rehabilitación
  • Mellorar a eficiencia do traballador que sufriu un TME
  • Diminuír a taxa de absentismo

Esta xornada técnica realizada en colaboración con MC MUTUAL ten por obxectivo sensibilizar na importancia de xestionar adecuadamente o retorno ao traballo en beneficio das organizacións e do persoal traballador.

Tamén se darán a coñecer as pautas xerais para a implantar un programa de reincorporación laboral tras incapacidade temporal por trastornos musculoesqueléticos.

Pódese participar nesta actividade formativa de xeito virtual:

  • Inscrición virtual (streaming): cubrindo o formulario na nosa web de eventos

10.30 PRESENTACIÓN

Representante do ISSGA

10.35 APERTURA

Representante do ISSGA / Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

10.40 SITUACIÓN ACTUAL E POLÍTICAS DE REINTEGRACIÓN AO TRABALLO TRAS UNHA INCAPACIDADE TEMPORAL POR TRASTORNOS MUSCULOESQUELÉTICOS

PRINCIPIOS XERAIS NOS PROGRAMAS DE REINCORPORACIÓN AO TRABALLO

FACTORES PSICOSOCIAIS RELACIONADOS COS TRASTORNOS MUSCULOESQUELÉTICOS E A REINCORPORACIÓN AO TRABALLO TRAS A AUSENCIA POR MOTIVOS DE SAÚDE

ETAPAS DA XESTIÓN DO RETORNO AO TRABALLO

Vanessa Puig Aventín. Fisioterapeuta e Técnica Superior de Prevención de Riscos Laborais da División dos Servizos de Prevención de MC MUTUAL

12.00 COLOQUIO E PECHE

Representante do ISSGA

PROGRAMA

Documentación

Descarga pdfs: