03/10/2023

Xestión da idade e PRL

Os recentes cambios no mundo do traballo como a dixitalización, robotización etc., implican novas formas de emprego e de organización, así como de condicións de traballo.

Neste contexto, as organizacións deben adaptar a xestión preventiva de riscos laborais ás novas necesidades das persoas, incorporando a perspectiva de idade ás súas políticas e estratexias empresariais para garantir os dereitos de todas as persoas e mellorar a súa seguridade e a súa saúde, favorecendo a competitividade das empresas

Con esta xornada técnica, na que contamos coa colaboración do INSST, queremos sensibilizar sobre esta necesidade a través de elementos craves como a avaliación de riscos e a planificación da actividade preventiva, xa que as condicións organizativas son elementos de intervención imprescindibles para posibilitar un desempeño adecuado a calquera idade.

Implantar políticas de xestión da idade nas empresas supón comprender que un emprego sustentable pasa por dispoñer de postos de traballo que poden ser ocupados por persoas de calquera idade.

Afrontar os riscos laborais derivados dos novos escenarios no traballo nunha das liñas básicas e obxectivos estratéxicos da recentemente aprobada Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027.

11.00 PRESENTACIÓN

Alfonso Pérez Santiago. Xefe do Centro ISSGA_Pontevedra

11.05 APERTURA E REFERENCIAS Á XESTIÓN DA IDADE NA ESTRATEXIA DE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO DE GALICIA: HORIZONTE 2027

Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do ISSGA

11.15 COMO INTEGRAR A IDADE E A DIVERSIDADE XERACIONAL NA XESTIÓN PREVENTIVA_PARTE 1

Mª Jesús Otero Aparicio. Xefa da Unidade Técnica de Psicosocioloxía. INSST

12.00 DESCANSO

12.30 COMO INTEGRAR A IDADE E A DIVERSIDADE XERACIONAL NA XESTIÓN PREVENTIVA_PARTE 2

Mª Jesús Otero Aparicio. Xefa da Unidade Técnica de Psicosocioloxía. INSST.

13.15 COLOQUIO E PECHE

Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do ISSGA

PROGRAMA

Documentación

Descarga pdfs: