10/11/2022
WEBINAR_Xestión do estrés
- Data: 10/11/2022 a 10/11/2022
- Inscrición: 27/05/2022 a 10/11/2022
- Duración: 2 horas
- Lugar de celebración: En liña
Nos últimos anos as estatísticas viñeron reflectindo a crecente importancia do estrés e as súas consecuencias no ámbito laboral ata chegar a ser actualmente a segunda causa de perda de saúde entre os traballadores en toda Europa.
Recoñecer os primeiros síntomas de estrés e identificar as súas causas, así como saber aplicar as estratexias de afrontamento máis adecuadas, pode axudar ao persoal traballador para xestionar correctamente as situacións de estrés no traballo e previr así os seus posibles efectos na saúde.
Este webinar, realizado en colaboración con MC MUTUAL, ten como obxectivos:
- Definir o estrés e aprender a recoñecer os seus síntomas
- Coñecer cales son as causas específicas da tensión no traballo
- Coñecer estratexias organizativas e individuais e recursos para facer fronte á tensión no traballo
Máis información e inscricións:
https://issgaeventos.com/xestion-do-estres/
10.30 PRESENTACIÓN
Mª Jesús Copa Arias. Xefa da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do ISSGA
10.35 APERTURA
Elena Mancha Montero de Espinosa. Directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
10.40 QUE É O ESTRÉS? QUE CAUSA ESTRÉS NO TRABALLO?
ESTRATEXIAS ORGANIZATIVAS PARA PREVIR O ESTRÉS NO PERSOAL TRABALLADOR
ESTRATEXIAS DE AFRONTAMENTO INDIVIDUAL: TÉCNICAS COGNITIVAS E DE RELAXACIÓN, AUTOORGANIZACIÓN E OUTRAS
Francesc Martí. Licenciado en psicoloxía. Técnico superior de prevención de riscos laborais e especialista en psicosocioloxía aplicada, da División dos Servizos de Prevención de MC MUTUAL
12.15 COLOQUIO E PECHE
Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do ISSGA
DOCUMENTACIÓN.
Documentación
Descarga pdfs: