22/10/2024
Webinar_Tecnoestrés e desconexión dixital
- Data: 22/10/2024
- Lugar de celebración: En liña
Webinar realizado en colaboración con Fraternidade Muprespa que forma parte das actividades organizadas polo ISSGA con motivo da Semana Europea para a seguridade e a saúde no traballo.
Ten como obxectivo analizar os retos derivados da implantación das novas tecnoloxías e as ferramentas para poder controlar os seus efectos.
Os principais temas a tratar neste webinar serán:
-
Descrición dos novos riscos emerxentes derivados da sociedade da información e a comunicación
-
Análise dos efectos que os novos modelos de traballo e comunicación poden ter sobre a saúde das persoas
-
Formulación de posibles solucións fronte ás esixencias e consecuencias derivadas do uso intensivo das novas tecnoloxías
Preténdese dar a coñecer os riscos aos que estamos sometidos polo uso intensivo das novas tecnoloxías, as consecuencias da exposición aos devanditos riscos e ferramentas para minimizar os efectos da hiperconexión dixital e estratexias de afrontamiento.
Máis información e inscrición: https://issgaeventos.com/tecnoestres-e-desconexion-dixital/
10.30 PRESENTACIÓN
Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do Issga
10.35 APERTURA
Pablo Fernández López. Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
10.40 DESCRICIÓN DOS NOVOS RISCOS EMERXENTES DERIVADOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN
ANÁLISE DOS EFECTOS QUE OS NOVOS MODELOS DE TRABALLO E COMUNICACIÓN PODEN TER SOBRE A SAÚDE DAS PERSOAS
FORMULACIÓN DE POSIBLES SOLUCIÓNS FRONTE ÁS ESIXENCIAS E CONSECUENCIAS DERIVADAS DO USO INTENSIVO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS. DESCONEXIÓN DIXITAL
Iván Fernández. Consultor en PRL en Asturias. Fraternidad Muprespa
Fernando Corres. Consultor en PRL en Alava. Fraternidad Muprespa
11.45 COLOQUIO E PECHE
Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do Issga
PROGRAMA
Documentación
Descarga pdfs: