28/04/2022
WEBINAR_Saúde e teletraballo
- Data: 28/04/2022 a 28/04/2022
- Inscrición: 28/03/2022 a 28/04/2022
- Duración: 3 horas
- Lugar de celebración: En liña
Webinar realizado en colaboración con Asepeyo. O traballo a distancia leva consigo importantes beneficios como a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a redución e aforro de custos, o aumento da produtividade e racionalización de horarios, a atracción e retención do talento ou a redución do absentismo.
Con todo, tamén pode afectarlle á saúde musculoesquelética ou mental debido aos longos períodos de traballo con pantallas de visualización, o illamento, unha maior inactividade física, os límites difusos entre traballo remunerado e vida privada ou o estrés.
O establecemento do traballo a distancia propiciou a necesidade de improvisar en moitos fogares esta modalidade sen os recursos, organización e soporte idóneos, polo que a xestión da prevención de riscos laborais debe axustarse a esta situación e toma especial importancia a necesidade de promover as boas prácticas preventivas nesta situación.
Ademais, implantar un protocolo de teletraballo pode ser unha ferramenta eficaz para a xestión da maternidade e/ou para unha adaptación ao posto de traballo coa reincorporación laboral logo dunha baixa prolongada por motivos de saúde.
10.15 PRESENTACIÓN
Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do ISSGA
10.20 APERTURA
Elena Mancha Montero de Espinosa. Directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade
10.25 CAMPAÑA ISSGA_TELETRABALLA CON PREVENCIÓN
Mª Jesús Copa Arias. Xefa da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do ISSGA
10.45 REPERCUSIÓN DENDE A PRL QUE DERIVAN DO TELETRABALLO
Jordi Serra Pallisa. Técnico da Dirección de Prevención de Asepeyo
11.20 PROTOCOLO DE IMPLANTACIÓN DO TRABALLO A DISTANCIA
Miguel Couto Alonso. Asesor Técnico de absentismo e sinistralidade de Asepeyo
12.20 HÁBITOS SAUDABLES PARA AFRONTAR O TELETRABALLO
Carlos Juan García Fernández. Médico da Dirección de Asistencia Sanitaria de Asepeyo
12.45 PECHE
José María Bustamante Dehesa. Coordinador Territorial Norte Prevención Asepeyo
Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do ISSGA
Documentación
Descarga pdfs: