24/10/2022
WEBINAR_Realidade virtual e PRL
- Data: 24/10/2022 a 24/10/2022
- Inscrición: 25/05/2022 a 24/10/2022
- Duración: 2 horas
- Lugar de celebración: En liña
Xornada técnica que forma parte das actividades organizadas polo ISSGA con motivo da Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo.
Nos derradeiros anos a tecnoloxía de realidade virtual experimentou un gran avance, con experiencias máis inmersivas que poñen ao usuario no centro da acción.
Nesta xornada técnica en formato webinar, realizada en colaboración con Asepeyo, analizaremos a aplicación desta ferramenta ao ámbito da prevención e riscos laborais que nos permita, a través da sensibilización, mellorar procesos, reducir a sinistralidade e acadar contornos laborais máis saudables.
Máis información e inscricións:
https://issgaeventos.com/realidade-virtual-e-prl/
10.15 PRESENTACIÓN
Representante ISSGA/Xunta de Galicia
10.20 APERTURA
Representante ISSGA/Xunta de Galicia
10.25 REALIDAD VIRTUAL COMO FERRAMENTA DE SENSIBILIZACIÓN E EXPERIENCIAS DISPOÑIBLES
Ángel Pérez Domínguez. Consultor de prevención. Asepeyo. Aragón
Rosa Sánchez Roy. Consultora de prevención. Asepeyo. Aragón
11.20 EXPERIENCIA NA EMPRESA DA APLICACIÓN DA REALIDADE VIRTUAL APLICADA Á PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Cristina Finestra. Ercros. S.A.
11.40 PECHE
Romina González-Dopeso Portela. Directora Autonómica. Asepeyo. Galicia
Representante ISSGA/Xunta de Galicia