Formación

25/06/2024

Webinar_Prevención de trastornos musculoesqueléticos en postos de traballo con carga física

Imaxe XT_Carga física
  • Data: 25/06/2024
  • Inscrición: 14/06/2024 a 25/06/2024
  • Lugar de celebración: En liña

Nesta xornada técnica, realizada en colaboración con MC Mutual, afondarase na prevención dos TME naqueles postos de traballo onde o compoñente da carga física está presente dunha forma significativa.

O obxectivo desta actividade formativa é coñecer como optimizar a abordaxe dos diferentes factores de risco relacionados co TME mediante unha adecuada priorización das accións para executar, xa sexan de prevención de riscos laborais ou de promoción da saúde.

Na formación incidirase de xeito especial na identificación dos factores de risco ergonómico,  e na importancia de ter un posto de traballo ben deseñado e con unha axeitada organización do traballo, adicando un apartado especial os exeoesqueletos como medida para a diminución dos riscos por TME e á promoción da saúde no traballo (PST).

Máis información e inscricións: https://issgaeventos.com/prevencion-de-trastornos-musculoesqueleticos-en-postos-de-traballo-con-carga-fisica/

 

10.15 PRESENTACIÓN 

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do Issga

10.20 APERTURA

Pablo Fernández López. Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

10.25 IDENTIFICACIÓN E AVALIACIÓN DOS FACTORES DE RISCO ERGONÓMICO

DESEÑO DO POSTO DE TRABALLO

EXOESQUELETOS

ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

FORMACIÓN

PROMOCIÓN DA SAÚDE NO TRABALLO

Pilar Moreno Moreno, Fisioterapeuta e técnica de PRL da División de Servizos de Prevención de MC MUTUAL

12.00 COLOQUIO E PECHE

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do Issga

Programa.

Documentación

Descarga pdfs: