05/06/2024
Webinar_O radon no ámbito laboral
- Data: 05/06/2024
- Inscrición: 21/05/2024 a 05/06/2024
- Duración: 3 horas
- Lugar de celebración: En liña
O principal obxectivo da actividade formativa é dar resposta ás obrigas legais que establece para o radon no ámbito laboral o Real decreto 1029/2022, de 20 de decembro polo que se aproba o Regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes e que afectan aos titulares das actividades laborais e concretar a función, contido e alcance do asesoramento que debe prestar o persoal técnico, así como aquelas situacións nas que sexa necesario recorrer a asesoramento especializado para non superar os niveis de referencia establecidos para o radon nos lugares de traballo, ou xestionar correctamente aquelas situacións nas que non se poden reducir os niveis.
Esta formación ofrécese nun momento e lugar clave, debido á normativa de desenvolvemento e concreción do Real decreto 1029/2022 no tocante ao radon, que está próxima a publicarse, e por ser Galicia, dado as súas características xeolóxicas, un territorio especialmente afectado por este gas que é un contaminante natural e, polo tanto, afecta á poboación en xeral e ao ámbito laboral en particular.
Máis información e inscrición: https://issgaeventos.com/o-radon-no-ambito-laboral/
10.15 PRESENTACIÓN
Lucía Ferrón Vidán. Xefa da Sección de Coordinación Preventiva, Hixiene e Saúde do Issga
10.20 APERTURA
Pablo Fernández López. Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
10.25 OS PERIGOS DO RADON: EFECTOS SOBRE A SAÚDE, DISTRIBUCIÓN EN GALICIA E ESPAÑA
Alberto Ruano Raviña. Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC
11.30 TÉCNICAS DE MEDIDA DE RADON NOS POSTOS DE TRABALLO E MEDIDAS REMEDIO
Xoán Miguel Barros Dios. Ex-director Técnico do Laboratorio de Radon de Galicia. USC
12.40 MARCO REGULADOR: OBRIGAS E RESPONSABILIDADES DOS TITULARES DAS ACTIVIDADES LABORAIS AFECTADAS. PAPEL DOS SERVIZOS DE PREVENCIÓN. AUTORIDADES COMPETENTES
Manuel Martínez. Área de Radiación Natural do Consello de Seguridade Nuclear
13.30 COLOQUIO E PECHE
Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do Issga.
Programa
Documentación
Descarga pdfs: