Formación

13/06/2024

Webinar_Novidades do novo regulamento 2023/1230 relativo ás máquinas

Imaxe webinar máquinas
  • Data: 13/06/2024
  • Inscrición: 01/06/2024 a 13/06/2024
  • Duración: 2 horas
  • Lugar de celebración: En liña

Nesta xornada técnica, realizada en colaboración con Fremap, resumiranse os principais aspectos así como as novidades introducidas polo recentemente estreado regulamento 2023/1230 relativo ás máquinas que derrogou a directiva de máquinas 2006/42/CE.

Este novo regulamento establece os recentes avances das tecnoloxías dixitais, como a intelixencia artificial (IA), o internet das cousas e inclúe as características dunha ampla gama de máquinas formulando novos retos en materia de seguridade.

Será esixible a todos os estados membros da UE e supón unha transformación profunda dentro da industria.

 

Máis información e inscricións: https://issgaeventos.com/novidades-do-novo-regulamento-2023-1230-relativo-a-maquinas/

 

10.15 PRESENTACIÓN

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do Issga

10.20 APERTURA

Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do Issga

Carlos Llanos Santos. Director Rexional Galicia. FREMAP

10.25 PORQUÉ É NECESARIO ESTE REGULAMENTO

NOVIDADES NO ÁMBITO DE APLICACIÓN

ALGÚNS TERMOS INTERESANTES: AXENTES ECONÓMICOS, COMERCIALIZACIÓN E POSTA EN SERVICIO, MODIFICACIÓN SUBSTANCIAL...

OBRIGAS DO FABRICANTE

VIXILANCIA DO MERCADO

PRAZOS

Christie Cacho-Sousa Novoa. Consultora Nacional de Prevención. FREMAP

12.15 COLOQUIO E PECHE

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do Issga

Programa.

Documentación

Descarga pdfs: