Formación

19/09/2024

Webinar_Manipulas diisocianatos? Nova restrición para usos industriais e profesionais

Imaxe webinar diisocianatos
  • Data: 19/09/2024
  • Inscrición: 03/09/2024 a 17/09/2024
  • Duración: 2 horas
  • Lugar de celebración: En liña

Os diisocianatos son sensibilizantes respiratorios capaces de inducir asma, irritación de ollos, nariz e garganta, lagrimexo, dificultade respiratoria ou  dermatite. Estes compostos son moi usados na fabricación de escumas flexibles e ríxidas,  e debido ás súas propiedades, son utilizados nunha ampla variedade de aplicacións e sectores.


Ademáis, desde o 24 de agosto de 2023, o Regulamento (UE) 2020/1149 establece novas obrigas en materia de formación.  Como novidade regula a necesidade dunha formación obrigatoria para todos os traballadores por conta propia e por conta allea que manipulen diisocianatos como tales ou como compoñentes doutras substancias ou en mesturas para usos industriais ou profesionais.


Esta xornada, realizada en colaboración con FREMAP,  pretende dar a coñecer cales son os efectos sobre a saúde e os riscos asociados coa súa  exposición  e  contribuír á difusión  das principais novidades normativas relacionado co seu uso.

 

Máis información e inscrición: https://issgaeventos.com/manipulas-diisocianatos-nova-restricion-para-usos-industriais-e-profesionais/

10.15 PRESENTACIÓN 

Alberto Conde Bóveda . Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do Issga 

10.20 APERTURA

Representante do Issga / Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

10.25 EFECTOS SOBRE A SAÚDE E RISCOS ASOCIADOS COA EXPOSICIÓN

RESTRICIÓNS PARA O USO DE DIISOCIANATOS. REGULAMENTO (UE) 2020/1149 

MEDIDAS DE CONTROL DO RISCO COLECTIVAS E INDIVIDUAIS

Javier Ruiz Pérez, Enxeñeiro Técnico Industrial, especialidade en Química Industrial e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais

12.00 COLOQUIO E PECHE

Representante do Issga / Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Programa

Documentación