23/11/2022
WEBINAR_Habilidades comunicativas e xestión de conflitos
- Data: 23/11/2022 a 23/11/2022
- Inscrición: 23/05/2022 a 23/11/2022
- Duración: 2 horas
- Lugar de celebración: En liña
Os conflitos son frecuentes entre as persoas que comparten tempo e espazo. As causas e, en gran parte, a formas de resolvelos, marcan a diferenza dos resultados. Durante esta xornada técnica, na que contamos coa participación de Fremap, veremos algúns exemplos cotiáns e frecuentes, así como a forma de afrontalos con maiores garantías de éxito.
Hai habilidades comunicativas innatas, pero moitas das que se requiren no ambiente laboral pódense aprender, practicar e perfeccionar. Desenvolvelas axudaranos a mellorar as interaccións, o valor como profesionais, o clima laboral e a produtividade empresarial.
Máis información e inscricións:
https://issgaeventos.com/habilidades-comunicativas-e-xestion-de-conflitos/
10.30 PRESENTACIÓN
Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do ISSGA
10.35 APERTURA
Elena Mancha Montero de Espinosa. Directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Fernando Rodríguez Correa. Director de Fremap en Vigo
10.40 EMOCIÓNS E COMUNICACIÓN
COMUNICACIÓN VERBAL E NON VERBAL. BARREIRAS NA COMUNICACIÓN
O CONFLITO. HABILIDADES NO MANEXO DE SITUACIÓNS CONFLITIVAS
ESTILOS COMUNICACIONAIS: ASERTIVIDADE
Raquel Salvador Díaz de Herrera. Técnico de prevención de riscos laborais. FREMAP
11.45 COLOQUIO E PECHE
Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do ISSGA
DOCUMENTACIÓN.