05/11/2024
Webinar_Condución emocional: consciencia plena para unha condución segura
- Data: 05/11/2024
- Duración: 2 horas
- Lugar de celebración: En liña
Nesta webinar, realizado en colaboración con Fremap, mostrámosche como inflúen as emocións na condución e por que estas poden ser un risco para a seguridade viaria.
É probable que día a día utilices un vehículo polo teu traballo ou para ir traballar. A condución en moitos casos convértese nunha tarefa estresante que pode facer que chegues ao teu destino co estado de ánimo alterado e cunha gran dose de cansazo e enfado.
Ímonos centrar en como os nosos pensamentos e emocións e as dos demais, modulan o noso comportamento co fin de que sexamos conscientes diso e podamos modificalos para ter unha condución máis serena, segura e, por que non?, sociable.
Máis información e inscricion: https://issgaeventos.com/conducion-emocional-consciencia-plena-para-unha-conducion-segura/
10.30 PRESENTACIÓN
Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do Issga
10.35 APERTURA
Pablo Fernández López. Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Carlos Llanos Santos. Director Rexional Galicia. FREMAP
10.40 INTRODUCIÓN
ALGÚNS CONCEPTOS
EMOCIÓNS E CONDUCIÓN NO DÍA A DÍA
CONSCIENCIA PLENA PARA UNHA CONDUCIÓN MÁIS RELAXADA E SEGURA
David Piélago Solís. Experto en Seguridad Viaria. FREMAP
12.15 COLOQUIO E PECHE
Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do Issga
Programa.
Documentación
Descarga pdfs: