13/12/2021
Taller de prevención de traballos con amianto. Xestión, manipulación e tratamento. O Barco de Valeorras
- Data: 13/12/2021 a 14/12/2021
- Duración: 8 horas
- Prazas: 15
- Lugar de celebración: O Barco de Valdeorras
Cursos gratuítos. 8 horas repartidas en 2 xornadas.
Datas. 13 e 14 de decembro
Contido do curso
- Introdución e nocións normativas
- Propiedades do amianto e os seus efectos para a saúde, incluído o efecto sinérxico do tabaquismo.
- Tipos, usos e posible localización de materiais con amianto en edificios, instalacións, etc.
- Procedementos de actuación se se sospeita que un material contén amianto.
- Procedementos xerais para facer fronte a unha situación de emerxencia e como evitar o risco de exposición ao amianto.
- Función, selección e uso de Equipos de Protección Individual EPI adecuados para a realización de actividades con materiais con amianto ou sospeitoso de contelos.
- Como proceder para reducir a exposición en caso de presenza de materiais con amianto en mal estado ou deteriorados por unha actuación incorrecta ou por estar ao final da súa vida útil ou ser friables.
- Os procedementos para confirmar a presenza ou non de amianto mediante unha toma de mostra e a súa análise posterior no laboratorio, e quen é a persoa idónea para iso.
Persoas destinatarias: persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.
Horario: 16:30-20:30
Criterios de selección:
No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:
Grupo con prioridade 1: Persoal traballador que pode atopar amianto de maneira inesperada durante o seu traballo (mantemento xeral, electricistas, fontaneiros, carpinteiros, etc.) e traballadores da construción.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.
Solicitudes:
As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II da convocatoria que se atopa dispoñible en formato editable a continuación (Ficha de inscrición editable).
O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de15 alumnos/as por taller.
As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:
Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion [at] xunta.gal (issga[dot]formacion[at]xunta[dot]gal)
Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 686 32 95 97
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)
No caso de cursos que teñan un número de alumnos/as inscritos inferior a 10, o ISSGA poderá optar entre pospoñelos a unha data posterior (sempre que sexa posible en función da data de remate do contrato) ou anulalos, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes. En caso de que se anulen, proporase a súa realización noutro concello.
Máis información no teléfono 686 32 95 97 ou no enderezo proyectos [at] g2consultores.es (proyectos[at]g2consultores[dot]es)