Formación

29/11/2021

Taller de prevención de prevención do risco químico nos salóns de peiteado. Pontevedra

  • Data: 29/11/2021 a 29/11/2021
  • Duración: 4 horas
  • Prazas: 15
  • Lugar de celebración: Asociación de Autónomos y Pequeñas Empresas de Galicia - Gagos de Mendoza, 2 baixo 2 - 36001 - PONTEVEDRA

Obxectivo

Concienciar sobre os principais perigos e riscos para a saúde derivados dos axentes quimicos perigosos que poden estar presentes nos salóns de peiteado e tratamentos de beleza polo uso continuo e cotiá de tinguiduras e outros produtos e proporcionar pautas de conduta e medidas preventivas axeitadas para evitalos

Contido

1. Risco químico no salón de peiteado.

2. Danos para á saúde:

Na pel

No sistema respiratorio

Outros danos

3. Axentes químicos perigosos máis frecuentes

4. A etiquetaxe dun cosmético

5. Medidas preventivas:

Condicións mínimas recomendables dos locais

Selección de produtos

Hábitos de traballo

Equipos de protección individual

Vixilancia na saúde

6. Aplicación práctica na aula:

Uso apropiado de luvas

Uso apropiado de máscaras

Uso apropiado da protección ocular

Técnicas correctas de uso e retirada dos EPI

7. Primeiros auxilios

Desenvolvemento:

Os talleres teñen carácter presencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a toda a sesión presencial. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, suporá a perda do dereito ao certificado de asistencia.

Horario: en xornada de tarde (16.00-20.00 h).

Persoas destinatarias e distribución das prazas

Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.

Criterios de selección:

No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:

Grupo con prioridade 1: Persoal traballador dos salóns de peiteado ou persoal con fomación na materia (previa ou actual).

Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

Grupo con prioridade 2: resto de persoal.

Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.

Solicitudes

As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II que se atopa dispoñible en formato editable a continuación. O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por taller.

As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:

Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 686 32 95 97

Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion [at] xunta.gal (issga[dot]formacion[at]xunta[dot]gal)

Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte

De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)

Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por taller. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.

Acreditación da formación

Ao remate de cada taller o ISSGA expedirá certificado de asistencia ao alumnado.

Control e seguimento das accións formativas

O control e seguimento das accións formativas realizarase polo persoal técnico do ISSGA.

Custo dos talleres e financiamento

A asistencia a estes talleres será gratuíta para as persoas seleccionadas.

Descargas
Resolución da convocatoria
Anexo II_Solitidude inscrición_Taller salóns de peiteado

1. Risco químico no salón de peiteado.

2. Danos para á saúde:

Na pel

No sistema respiratorio

Outros danos

3. Axentes químicos perigosos máis frecuentes

4. A etiquetaxe dun cosmético

5. Medidas preventivas:

Condicións mínimas recomendables dos locais

Selección de produtos

Hábitos de traballo

Equipos de protección individual

Vixilancia na saúde

6. Aplicación práctica na aula:

Uso apropiado de luvas

Uso apropiado de máscaras

Uso apropiado da protección ocular

Técnicas correctas de uso e retirada dos EPI

7. Primeiros auxilios