Formación

06/07/2026

SARRIA_Curso de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e rozadoira

imaxe alerta Issga_arbores sentadas
  • Data: 06/07/2026 a 08/07/2026
  • Inscrición: 23/06/2026 a 01/07/2026
  • Duración: 15 horas
  • Prazas: 15
  • Lugar de celebración: Sarria

Lugar e horarios

Sarria: 6, 7 e 8 de xullo de 2026. De 15:00 a 20:00 horas

 

Obxectivo do curso:

Proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector.

Desenvolvemento do curso:

Os cursos teñen carácter presencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais. As faltas de asistencia, non poden superar o 10% das horas de duración do curso aínda que sexan xustificadas, isto suporá a perda do dereito ao certificado de asistencia.

Os datos relativos ao enderezo do local onde se vai impartir o curso, confirmación das datas de impartición e horario serán comunicados ás persoas seleccionadas.

O Issga publicará na súa páxina web toda a información relacionada co desenvolvemento destes cursos.

Persoas destinatarias e distribución das prazas:

Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade á que se dirixe o curso.

Criterios de selección:

No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:

  • Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.
    Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
  • Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
    Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación xustificativa de pertenza ao colectivo con prioridade 1.

Solicitudes:

Prazo para presentar as solicitudes: 15/06/2026 ao 28/06/2026. Este prazo poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por curso.

Inscrición:  https://conformaforestal.com/matricula/

Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario indicado no apartado anterior.

Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por cursos. No caso de non chegar a este mínimo, o Issga poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.

Para máis información  pode contactar nos teléfonos 981551704 - 649163747 ou enviar un correo electrónico a issga.formacion [at] xunta.gal (issga[dot]formacion[at]xunta[dot]gal).

Acreditación da formación:

Ao remate de cada curso o Issga expedirá certificado de asistencia ao alumnado.

Control e seguimento das accións formativas:

O control e seguimento das accións formativas realizarase polo persoal técnico do Issga.

Custo dos cursos e financiamento:

A asistencia a estes cursos será gratuíta para as persoas seleccionadas.

1. A SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO (0,5 HORAS)

Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. Lexislación de referencia. Organismos públicos con competencias na materia. O ISSGA

2. A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MAQUINARIA FORESTAL (2 HORAS)

A motoserra

A rozadoira

3. OS EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPI) (1 HORA)

4. PLANIFICACIÓN DOS TRABALLOS DE APROVEITAMENTO (1 HORA)
Recoñecemento previo da parcela

Organización do método de traballo

5. PRIMEIROS AUXILIOS E PRIMEIRA INTERVENCIÓN EN CASO DE ACCIDENTE (1 HORA)

6. PRÁCTICAS DE MANEXO SEGURO DA MOTOSERRA (4,75 HORAS)

Identificación dos dispositivos de seguridade

Mantemento, montaxe e desmontaxe de motoserra

Manexo da motoserra. Técnicas de apeo, derramado e tronzado

7. PRÁCTICAS DE MANEXO SEGURO DA ROZADOIRA (4,75 HORAS)

Identificación dos dispositivos de seguridade

Mantemento, montaxe e desmontaxe de rozadoira

Manexo da rozadoira. Técnicas de traballo