Formación

19/06/2026

Riscos da exposición a contaminantes químicos por vía respiratoria no sector naval

Imaxe xornada técnica barco e soldadura
  • Data: 19/06/2026
  • Inscrición: 22/05/2026 a 19/06/2026
  • Duración: 4 horas
  • Lugar de celebración: Centro ISSGA_Pontevedra

O centro ISSGA de Pontevedra acollerá esta xornada técnica centrada nos riscos derivados da exposición a contaminantes químicos por vía respiratoria no sector naval. A actividade abordará os principais perigos presentes en tarefas como soldadura, pintado, lixado ou manipulación de produtos químicos, incidindo na importancia da avaliación do risco, das medidas de control e do uso adecuado dos equipos de protección respiratoria. A sesión combinará contido técnico e enfoque práctico, permitindo ás persoas asistentes coñecer criterios de selección, uso e mantemento dos EPI, así como aplicar boas prácticas mediante un taller práctico de axuste e utilización da protección respiratoria no ámbito naval.

 

10:00 PRESENTACIÓN

Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / Issga

10:10 VISITAS AOS CENTROS DE TRABALLO DO SECTOR NAVAL. VIXILANCIA E CUMPRIMENTO DE NORMATIVA NO USO CORRECTO DE EPI

Carolina Álvarez Landesa. Xefa da Unidade Especializada de Seguridade e Saúde Laboral da ITSS de Vigo

Ruben Gotlib Martínez. Subinspector Laboral, Escala Seguridade e Saúde Laboral. 

10:30 CONTROL DA EXPOSICIÓN POR VÍA INHALATORIA NO SECTOR NAVAL. A VISIÓN DENDE UN SPM

José Cobián Ledo. Técnico Superior PRL ASIME

10:50 REVISIÓN DE ACCIDENTES PRODUCIDOS POR USO INCORRECTO DE EPI

Lourdes González Vázquez. Xefa de Sección Seguridade no Traballo I. Centro Issga Pontevedra.

11:10 PAUSA - CAFÉ

11:40 EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL DE VÍAS RESPIRATORIAS: TIPO, USO E ELECCIÓN

Javier Carlos de Isusi. Especialista en EPI protección respiratoria para España e Portugal Protección Persoal- 3M Iberia

12:25 TALLER PRÁCTICO DE USO, AXUSTE E COIDADO DOS EPI RESPIRATORIOS

Javier Carlos de Isusi. Especialista en EPI protección respiratoria para España y Portugal - Protección Personal - 3M Iberia

13:15 PECHE

Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / ISSGA

Documentación

Descarga pdfs: