Formación

06/03/2025

Recursos para a xestión da desconexión dixital

imaxe tecnoestrés
  • Data: 06/03/2025
  • Duración: 2 horas
  • Lugar de celebración: En liña

O dereito á desconexión dixital converteuse nun tema clave no ámbito laboral, especialmente nun mundo cada vez máis dixitalizado. Neste contexto, o webinar organizado polo ISSGA, en colaboración con MC Mutual, ofrece unha oportunidade para reflexionar sobre os aspectos fundamentais da desconexión dixital, coñecer os recursos dispoñibles e aprender a xestionala de maneira efectiva nas organizacións. 

Participar nesta xornada técnica permitirá ás persoas asistentes adquirir ferramentas para implementar medidas que favorezan un entorno laboral máis saudable e equilibrado, adaptado aos retos da era dixital.

Máis información e inscrición: https://issgaeventos.com/recursos-para-a-xestion-da-desconexion-dixital/

 

 

 

10.30 APERTURA

Adela Quinzá-Torroja García, xerente do ISSGA

10:35 MARCO NORMATIVO DO DEREITO Á DESCONEXIÓN DIXITAL EN ESPAÑA POLÍTICA, MEDIOS E MEDIDAS PARA A XESTIÓN DA DESCONEXIÓN DIXITAL NAS EMPRESAS

RECURSOS ESPECÍFICOS SOBRE DESCONEXIÓN DIXITAL

Pilar Moreno Moreno, Técnica de PRL da División de Servizos de Prevención de MC MUTUAL

12.00 COLOQUIO 

Marta Aneiros Vieites. Xefa da Sección de Formación, Divulgación e Documentación do Centro Issga_Ourense

 

En colaboración con MC Mutual 

Programa

Documentación

Descarga pdfs: