12/11/2026
Que debo coñecer antes de adquirir unha máquina?
- Data: 12/11/2026
- Inscrición: 28/10/2026 a 11/11/2026
- Lugar de celebración: En liña
A adquisición dunha máquina é unha decisión que inflúe tanto na produtividade da empresa como na seguridade e saúde das persoas traballadoras. Para realizar unha compra adecuada, é fundamental coñecer os requisitos legais, técnicos e preventivos que deben cumprir os equipos, así como a documentación exixible e as condicións necesarias para a súa utilización segura.
O Issga, en colaboración con Fremap, organiza este webinar sobre os aspectos clave que deben terse en conta antes de adquirir unha máquina. Durante a sesión abordaranse as obrigacións da empresa que recibe o equipo, os requisitos de comercialización e posta en servizo, a selección de provedores e as principais etapas dun proceso de adquisición seguro, desde a definición das necesidades ata a formación, o mantemento e as comprobacións necesarias
10.00 PRESENTACIÓN E APERTURA
Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / Issga
10.10 OBRIGAS DO EMPRESARIO RECEPTOR DA MÁQUINA
REQUISITOS LEGAIS DE COMERCIALIZACIÓN E POSTA EN SERVIZO
DOCUMENTACIÓN ESIXIBLE Á MÁQUINA
PROCESO DE ADQUISICIÓN SEGURO
Christie Cacho-Sousa Novoa. Enxeñeira Técnica Industrial e Técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais. Coordinadora do Equipo de Especialización de Seguridade en Máquinas de FREMAP
11.30 COLOQUIO E PECHE
Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / Issga
Programa
Documentación
Descarga pdfs: