Formación

24/03/2017

Prevención de riscos nos laboratorios. Manual de seguridade do ISSGA

  • Data: 24/03/2017 a 24/03/2017
  • Lugar de celebración: Centro ISSGA da Coruña

AFORO COMPLETO. NON SE ADMITEN MÁIS SOLICITUDES

  • Obxecto: dar a coñecer á comunidade universitaria e ao público interesado o manual elaborado polo Issga sobre Boas Prácticas en prevención de riscos laborais nos laboratorios, e as principais medidas preventivas a contemplar neles, así como expoñer aspectos organizativos que son de moita importancia en laboratorios de investigación, e para responsables de laboratorios e de proxectos de investigación, investigadores, técnicos, profesores e estudantes de prácticas da Universidade.

  • Destinatarios: alumnas e alumnos, profesores, persoal de investigación e persoal administrativo e de servizos da Facultade de Ciencias, e en xeral, do Campus Universitario da Coruña e os seus centros asociados; alumnos e profesores do Ciclo Superior de Análise e Control de Calidade e Ciclo Medio de Laboratorio de Formación Profesional; persoal de laboratorio de institucións públicas e privadas; técnicos e responsables de prevención interesados na materia.

 

11.00   RECEPCIÓN DE ASISTENTES E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

11.10   PRESENTACIÓN
Representante do ISSGA / Consellería de Economía, Emprego e Industria
Moisés Canle López. Decano da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña

11:20   PRESENTACIÓN DA GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS EN PRL. MANUAL DE SEGURIDADE NO LABORATORIO
Lucía Ferrón Vidán. Xefa de Sección de Hixiene Industrial do Issga.

12.20   COLOQUIO E PECHE