Formación

30/03/2017

Prevención de riscos nos laboratorios. Manual de seguridade do ISSGA

  • Data: 30/03/2017 a 30/03/2017
  • Lugar de celebración: Facultade de Ciencias. Universidade de Santiago de Compostela: Avda. Alfonso X O Sabio, s/n Campus Universitario 27002 Lugo

XORNADA COMPLETA. NON SE ADMITEN MÁIS SOLICITUDES.

  • Obxecto: dar a coñecer á comunidade universitaria e ao público interesado o manual elaborado polo Issga sobre Boas Prácticas en prevención de riscos laborais nos laboratorios, e as principais medidas preventivas a contemplar neles, así como expoñer aspectos organizativos que son de moita importancia en laboratorios de investigación, e para responsables de laboratorios e de proxectos de investigación, investigadores, técnicos, profesores e estudantes de prácticas da Universidade.

  • Destinatarios: alumnas e alumnos, profesores, persoal de investigación e persoal administrativo e de servizos da Facultade de Ciencias, e en xeral, do Campus Universitario de Lugo e os seus centros asociados; alumnos e profesores do Ciclo Superior de Análise e Control de Calidade e Ciclo Medio de Laboratorio de Formación Profesional; persoal de laboratorio de institucións públicas e privadas; técnicos e responsables de prevención interesados na materia.

 

9.45  RECEPCIÓN DE ASISTENTES E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

10.00  PRESENTACIÓN
Covadonga Toca Carús. Secretaria Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria
Javier Bueno Lema. Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo. Universidade de Santiago de Compostela

10.15  PRESENTACIÓN DA GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS EN PRL. MANUAL DE SEGURIDADE NO LABORATORIO
Lucía Ferrón Vidán. Xefa de Sección de Hixiene Industrial do Issga

11.00 ASPECTOS ORGANIZATIVOS DO TRABALLO EN LABORATORIOS
Juan Mariñas Liste. Director da Oficina de Xestión do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da USC

11.30  COLOQUIO E PECHE
Carlos Herrero Latorre. Coordinador Mestrado en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental da Facultade de Ciencias de Lugo (USC)
Representante do ISSGA / Consellería de Economía, Emprego e Industria