Formación

14/05/2025

Prevención de riscos laborais na xestión de espectáculos públicos temporais

Imaxe xt escenarios
  • Data: 14/05/2025
  • Inscrición: 21/04/2025 a 14/05/2025
  • Duración: 2 horas
  • Lugar de celebración: Centro de Novas Tecnoloxías_Santiago de Compostela
  • Consultar a ubicación en Google Maps

O obxectivo desta actuación é reducir a sinistralidade laboral no sector da industria musical e de espectáculos públicos e está dirixida a empresarios, mandos intermedios, traballadoras e traballadores, persoas con responsabilidade en materia preventiva e, en especial, en coordinación de actividades empresariais.

Na montaxe e desmontaxe de escenarios para espectáculos intervén moita normativa diferente, aínda que non existe ningunha específica, polo que con esta actuación  téntase servir de  folla de ruta para aplicar as diferentes normativas.

O Issga, xunto con outros órganos técnicos das comunidades autónomas, participou nun grupo de traballo do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) que acordou a elaboración dun criterio técnico para a xestión de espectáculos públicos temporais a nivel nacional. Ademais tamén elaborou diversa documentación, como follas de prevención, elaboradas coa colaboración da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), ademais de trípticos e carteis que recollen información sobre a prevención de riscos laborais na montaxe de escenarios ou bancadas; a coordinación de actividades; e os riscos da exposición ao ruído nos espectáculos. 

Entre os aspectos que cómpre destacar no desenvolvemento desta actividade destacan, entre outros: a realización, antes de calquera evento, dunha reunión entre todas as empresas que participan na montaxe e desmontaxe para aclarar funcións e responsabilidades; contratar a un coordinador de actividades empresariais; realizar cálculos de estabilidade e resistencia dos escenarios; realizar un plan de montaxe e desmontaxe dos escenarios indicando os accesos aos distintos postos de traballo.

 

11.00 PRESENTACIÓN

Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do Issga

11.05 CRITERIO TÉCNICO PARA A XESTIÓN DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS TEMPORAIS

Pablo García Fernández. Xefe de sección de seguridade no traballo do Centro Issga_Pontevedra 

11.45 MESA REDONDA: EXPERIENCIAS NA APLICACIÓN DO CRITERIO TÉCNICO

Moderador: Representante do Issga

Pablo García Fernández. Xefe de sección de seguridade no traballo do Centro Issga_Pontevedra

Nuria Balboa Rodríguez. Arquitecta e Técnica Superior de Prevención de Riscos Laborais . Coordinadora de seguridade de eventos

Guillermo Viñas Sotelo. Director técnico da Delegación de Pontevedra de Europreven

Patricia Hermida Lago. Presidenta de AGEM

Jose Angel Sacarrera Malvar. Producións Emsac S.L, especialistas na montaxe de estruturas metálicas para eventos

13.00 PECHE

Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Programa.

Documentación