Formación

04/10/2023

Prevención de riscos laborais na actividade pesqueira

Curso organizado polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) en colaboración co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) - Xunta de Galicia que terá lugar no Centro ISSGA de Pontevedra (Rande-Redondela).

OBXECTIVO

A pesca mariña foi e segue sendo unha das actividades económicas con maiores cifras de sinistralidade laboral. Recentes estudos levados a cabo polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo revelan que a falta de integración da prevención de riscos laborais nos procesos técnicos, na organización do traballo e nas condicións que este se presta a bordo dos buques de pesca, están detrás de moitos dos accidentes que ocorren no sector pesqueiro.

Esta realidade pon de manifesto a necesidade de seguir adoptando cantas medidas sexan necesarias para mellorar as condicións de seguridade e saúde dos traballadores da pesca.

O obxectivo é incrementar os coñecementos en materia de prevención de riscos laborais no traballo a bordo de buques de pesca dos profesionais que realizan actuacións preventivas no sector marítimo pesqueiro.

DESTINATARIOS

Inspectores de traballo e seguridade social, inspectores de seguridade marítima, médicos de sanidade marítima, técnicos de prevención de institutos rexionais de seguridade e saúde no traballo, técnicos dos servizos de prevención e outros profesionais que realicen actuacións preventivas en buques de pesca.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

https://www.insst.es/formacion/cnmp-sevilla/prl-sector-pesquero

Sesión teórica (04 outubro)_Centro ISSGA de Pontevedra (Rande-Redondela)

  • Caracterización e sinistralidade no sector pesqueiro
  • Características técnicas dos buques de pesca e seguridade marítima
  • Seguridade de máquinas e equipos de traballo
  • Riscos químicos, físicos e biolóxicos
  • Riscos ergonómicos e psicosociais
  • Vixilancia da Saúde

Sesión práctica (05 outubro)_Visita técnica a buque de pesca

  • Prevención de riscos laborais a bordo do buque
  • Protección da saúde e asistencia médica
  • Seguridade Marítima
  • Seguridade de máquinas e equipos de traballo
  • Simulacro de emerxencia

DOCUMENTACIÓN

Documentación

Descarga pdfs: