Formación

26/05/2026

Prevención das enfermidades da voz no ámbito laboral

Obxectivo

Estímase que unha terceira parte da poboación laboral son profesionais da voz, é dicir, son persoas que utilizan a voz como principal ferramenta de traballo, sen a cal non poderían desenvolver as súas tarefas con normalidade. É necesario facilitar aos profesionais da voz acceso a unha formación preventiva teórico-práctica en relación cos riscos derivados do uso continuado e sostido da voz que interveñen na aparición das enfermidades profesionais e como previlas.

Data e horario

26 e 27 de maio de 2025. De 09.00 a 14.00 horas.

Contido

  • Que é a voz?
  • Patoloxía vocal
  • Conceptos xerais de prevención de riscos laborais e danos para a saúde
  • Factores de risco
  • Profesións ou actividades laborais de risco para a voz
  • A vixilancia da saúde laboral
  • Medidas de prevención
  • Técnica vocal
  • Hixiene vocal
  • Que facer se aparece unha patoloxía vocal de orixe profesional?

Desenvolvemento

O taller ten carácter presencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, suporá a perda do dereito ao certificado de asistencia.

Persoas destinatarias e distribución das prazas

Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.

Criterios de selección

No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:

Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.

  • Grupo con prioridade 1: Profesionais da voz ou persoal con formación na materia (previa ou actual).
  • Grupo con prioridade 2: resto de persoal.

Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

Solicitudes

As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no Anexo II, dispoñible no apartado de DOCUMENTACIÓN.

De ser o caso, xunto coa solicitude deberá achegarse por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion [at] xunta.gal (issga[dot]formacion[at]xunta[dot]gal), a  documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario.

Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por taller. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.

Acreditación da formación

Ao remate de cada taller o ISSGA expedirá certificado de asistencia ao alumnado.

Control e seguimento das accións formativas

O control e seguimento das accións formativas realizarase polo persoal técnico do ISSGA.

Custo dos talleres e financiamento

A asistencia a estes talleres será gratuíta para as persoas seleccionadas.

   1. OBXECTIVOS DO CURSO
   2. QUE É A VOZ?
   3. PATOLOXÍA VOCAL
   4. CONCEPTOS XERAIS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E DANOS PARA A SAÚDE
   5. FACTORES DE RISCO
   6. PROFESIÓNS OU ACTIVIDADES LABORAIS DE RISCO PARA A VOZ
   7. A VIXILANCIA DA SAÚDE LABORAL
   8. MEDIDAS DE PREVENCIÓN
   9. TÉCNICA VOCAL
   10. HIXIENE VOCAL
   11. QUE FACER SE APARECE UNHA PATOLOXÍA VOCAL DE ORIXE PROFESIONAL?

Programa.

Documentación

Descarga pdfs: