Formación

06/03/2026

Presentación do Portal web do Issga: Traballo seguro con nanomateriais

Os nanomateriais están cada vez máis presentes en produtos de uso habitual, especialmente no sector da construción, a industria e os materiais avanzados, achegando novas funcionalidades e melloras técnicas. Porén, o seu pequeno tamaño e as súas propiedades específicas tamén poden supoñer riscos emerxentes para a saúde e a seguridade das persoas traballadoras, polo que resulta imprescindible abordar a súa xestión desde unha perspectiva preventiva baseada no principio de precaución e na redución da exposición.

A xornada servirá para dar a coñecer o novo portal web do ISSGA, que recompila información técnica, recomendacións prácticas e recursos específicos para empresas, persoal técnico de prevención e persoal sanitario, así como contidos divulgativos dirixidos ás persoas traballadoras.

Entre os principais riscos asociados aos nanomateriais destacan a inhalación de partículas, a posible toxicidade dalgúns compostos, os efectos respiratorios e sistémicos, así como os riscos de explosión e incendio nalgúns casos. A Organización Mundial da Saúde considera os nanomateriais como substancias potencialmente perigosas e recomenda adoptar medidas estritas de control cando non exista información suficiente sobre a súa toxicidade.

10.15 RECEPCIÓN

10.30 APERTURA

Pablo Fernández López. Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comerio e Emigración
 

10.40 O PORTAL TRABALLO SEGURO CON NANOMATERIAIS COMO FERRAMENTA PARA TRANSFERIR COÑECEMENTO. TIPOS DE NANOMATERIAIS E USOS

Encarnación Sousa Rodríguez. Subdirectora xeral Técnica e de Planificación do Issga 

10.50 RESPONSABILIDADE DA EMPRESA. INDICADORES CLAVE DE DESEMPEÑO

Asunción Galera Rodrigo. Directora de Investigación Cerpie-UPC. Universitat Politècnica de Catalunya. Directora científica Fundación Internacional ORP

11.10 O PAPEL DO PERSOAL TÉCNICO EN PRL. DIRECTRICES PARA A PROTECCIÓN DO PERSOAL TRABALLADOR

Encarnación Sousa Rodríguez. Subdirectora xeral Técnica e de Planificación do Issga

Asunción Galera Rodrigo. Directora de Investigación Cerpie-UPC. Universitat Politècnica de Catalunya. Directora científica Fundación Internacional ORP

11.50 BOAS PRÁCTICAS DA MEDICINA DO TRABALLO. PATOLOXÍAS E BIOMARCADORES PROPOSTOS

Montserrat Puiggené Vallverdú. Médica del Trabajo. Responsable Unitat Salut Laboral RS Lleida i RS Alt Pirineu i Aran. Presidenta de la Societat Catalana de Salut Laboral

12.20 CAMPAÑA NANOMATERIAIS NO SECTOR DA CONSTRUCIÓN 

Antonio Lama Varela. Xefe da sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas. Centro Issga_Pontevedra

12.40 COLOQUIO E PECHE

Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do Issga

PROGRAMA

Documentación

Descarga pdfs: