24/10/2024
Presentación da Guía Técnica Issga_Camiñando dende a prevención ao benestar laboral: riscos psicosociais e saúde no traballo
- Data: 24/10/2024
- Inscrición: 07/10/2024 a 24/10/2024
- Duración: 2 horas
- Lugar de celebración: Centro Issga_Lugo
- Consultar a ubicación en Google Maps
Acto de presentación desta guía técnica do Issga, como unha das actuacións do Laboratorio de riscos psicosociais no marco do protocolo xeral de actuación entre o ISSGA e a Universidade de Santiago de Compostela, para promover a mellora da saúde psicosocial das persoas traballadoras.
O seu principal obxectivo é abordar os novos desafíos psicosociais para a saúde e o benestar das persoas traballadoras e aportar medidas preventivas.
Ademais, esta actividade forma parte das accións organizadas polo Issga con motivo da Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo.
11.30 APERTURA
Myriam Garabito Cociña. Xefa do Centro Issga_Lugo
Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do Issga
11.40 CAMIÑANDO DENDE A PREVENCIÓN AO BENESTAR LABORAL: CONTEXTO, ENFOQUE E ESTRATEXIAS
Carlos Montes Piñeiro. Presidente da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais e Profesor de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións da USC
12.25 DESCANSO
12.45 CAMIÑANDO DENDE A PREVENCIÓN AO BENESTAR LABORAL: MIRANDO CARA AO FUTURO DO TRABALLO
César André Rivas. Xefe da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga
13.30 COLOQUIO E PECHE
Mª Encarnación Sousa Rodríguez. Subdirectora xeral Técnica e de Planificación do Issga
PROGRAMA.
Documentación
Descarga pdfs: