12/03/2026
Portal web do Issga: Traballo seguro con nanomateriais
- Data: 12/03/2026
- Duración: 1 horas
- Lugar de celebración: Expourense_Previsel
Xornada encadrada no marco de Previsel.
Os nanomateriais están cada vez máis presentes en produtos de uso habitual, especialmente no sector da construción, a industria e os materiais avanzados, achegando novas funcionalidades e melloras técnicas. Porén, o seu pequeno tamaño e as súas propiedades específicas tamén poden supoñer riscos emerxentes para a saúde e a seguridade das persoas traballadoras, polo que resulta imprescindible abordar a súa xestión desde unha perspectiva preventiva baseada no principio de precaución e na redución da exposición.
A xornada servirá para dar a coñecer o novo portal web do ISSGA, que recompila información técnica, recomendacións prácticas e recursos específicos para empresas, persoal técnico de prevención e persoal sanitario, así como contidos divulgativos dirixidos ás persoas traballadoras.
Entre os principais riscos asociados aos nanomateriais destacan a inhalación de partículas, a posible toxicidade dalgúns compostos, os efectos respiratorios e sistémicos, así como os riscos de explosión e incendio nalgúns casos. A Organización Mundial da Saúde considera os nanomateriais como substancias potencialmente perigosas e recomenda adoptar medidas estritas de control cando non exista información suficiente sobre a súa toxicidade.
Máis información e inscrición:
10.15 PRESENTACIÓN
Angel López Álvarez. Xefe do Centro Issga_Ourense
10.30 O PORTAL TRABALLO SEGURO CON NANOMATERIAIS COMO FERRAMENTA PARA TRANSFERIR COÑECEMENTO. TIPOS DE NANOMATERIAIS E USOS
RESPONSABILIDADE DA EMPRESA
O PAPEL DO PERSOAL TÉCNICO EN PRL
BOAS PRÁCTICAS DA MEDICINA DO TRABALLO
CAMPAÑA NANOMATERIAIS NO SECTOR DA CONSTRUCIÓN
Encarnación Sousa Rodríguez. Subdirectora Xeral Técnica e de Planificación_Issga
Antonio Lama Varela. Xefe da Sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas. Centro Issga_Pontevedra
11.30 COLOQUIO E PECHE
Programa.
Documentación
Descarga pdfs: