Formación

27/10/2026

PONTEVEDRA_Avaliación e integración preventiva no ámbito da psicosocioloxía aplicada

imaxe seminario psicoloxía
  • Data: 27/10/2026 a 29/10/2026
  • Inscrición: 15/07/2026 a 20/10/2026
  • Duración: 8 horas
  • Prazas: 20
  • Lugar de celebración: Centro Issga_Pontevedra. Camiño Coto do Coello, 2 - 36812 Rande-Redondela - Pontevedra
  • Consultar a ubicación en Google Maps

Lugar e horarios

Centro ISSGA_Pontevedra: 27 e 29 de outubro de 2026. De 10:00 a 14:00 horas.

Obxectivo do seminario:

Apoiar a integración real da xestión dos riscos psicosociais nas empresas e poñer en valor e especializar ao persoal técnico ao que lle corresponde asesorar nesta materia, coa finalidade dotar ao alumnado asistente de ferramentas prácticas e criterios técnicos para abordar con rigor a avaliación dos riscos psicosociais presentes nos postos de traballo e poder promover intervencións eficaces para a sua redución.

Desenvolvemento do seminario:

Os cursos teñen carácter presencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais. As faltas de asistencia, non poden superar o 10% das horas de duración do curso aínda que sexan xustificadas, isto suporá a perda do dereito ao certificado de asistencia.

Horario: o horario dos cursos desenvolverase preferentemente a partir das 10 horas, sen prexuízo de que se poida variar para facilitar o desenvolvemento das prácticas ou a asistencia. Os datos relativos ao enderezo do centro onde se vai impartir o curso, confirmación das datas de impartición e horario serán comunicados ás persoas seleccionadas.

Así mesmo, na páxina web do ISSGA poderase consultar calquera outra información relacionada co desenvolvemento destes cursos.

Persoas destinatarias:

Persoal técnico de nivel superior da especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada dos servizos de PRL así como o que preste servizo nos gabinetes de seguridade e saúde laboral das organizacións empresariais e sindicais e asesore ás empresas e ao persoal traballador neste ámbito.

Criterios de selección:

No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son: 

  • Grupo con prioridade 1: Persoal técnico de nivel superior en PRL da especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada que estea en activo nun servizo de prevención de riscos laborais.
  • Unha vez determinadas as persoas integrantes deste grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
  • Grupo con prioridade 2: resto de persoal técnico de nivel superior en PRL da especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
  • Unha vez determinadas as persoas integrantes deste grupo, a selección entre estas persoas realizarase tendo en conta a orde de inscrición.

Solicitudes: AFORO COMPLETO. NON SE ACEPTAN MÁIS INSCRICIÓNS

As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se atopa ao final . O prazo para presentar as solicitudes remata 10 días naturais antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 20 alumnos/as por curso.

No caso de precisar algún tipo de aclaración ou información adicional, poderanse facer:

  • no teléfono 881 999 489, sobre o proceso de solicitude

  • no teléfono 881 999 398, sobre os contidos técnicos do seminario

  • por correo electrónico no enderezo ISSGA.formacion [at] xunta.gal (ISSGA[dot]formacion[at]xunta[dot]gal)

Entenderase que cada persoa solicitante faise responsable da veracidade de todos os datos e información aportada na solicitude.

No caso de non chegar a un mínimo de alumnos, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anular o seminario, o que se comunicará coa antelación suficiente ás persoas solicitantes.

Certificado da asistencia a formación:

Ao remate de cada seminario o ISSGA expedirá un certificado ao alumnado que cumpra os requisitos de asistencia.

Custo dos seminarios e financiamento:

Este seminario será gratuíto para as persoas seleccionadas.

1. Avaliación de riscos psicosociais: Ferramentas e métodos. 
1.1. Metodoloxías, métodos e ferramentas 
1.2. O proceso de avaliación
1.3. Aplicacións prácticas
1.3.1. Ferramentas cuantitativas. O cuestionario
1.3.2. Ferramentas cualitativas. Introdución á entrevista individual 
2. Intervencións eficaces para previr os riscos psicosociais. 
2.1. Os procesos de intervención
2.2. Aplicacións prácticas