03/05/2023
OIA_Curso de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e rozadoira
- Data: 03/05/2023 a 05/05/2023
- Inscrición: 26/04/2023 a 02/05/2023
- Duración: 15 horas
- Prazas: 15
- Lugar de celebración: Oia
Lugar e horarios
Oia. 3, 4 e 5 de maio. De 15:30 a 20:30 horas.
Obxectivo dos cursos:
Proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector.
Desenvolvemento dos cursos:
Os cursos teñen carácter presencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais. As faltas de asistencia, non poden superar o 10% das horas de duración do curso aínda que sexan xustificadas, isto suporá a perda do dereito ao certificado de asistencia.
Os datos relativos ao enderezo do local onde se vai impartir o curso, confirmación das datas de impartición e horario serán comunicados ás persoas seleccionadas.
O ISSGA publicará na súa páxina web (http://issga.xunta.gal/) toda a información relacionada co desenvolvemento destes cursos.
Persoas destinatarias e distribución das prazas:
Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.
Criterios de selección:
No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:
- Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.
- Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
- Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
- Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.
Solicitudes:
As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II que se atopa dispoñible en formato editable na pestana de documentación. O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por curso.
As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:
- Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion [at] xunta.gal (issga[dot]formacion[at]xunta[dot]gal)
- Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 981551704 e 659515371.
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)
Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por cursos. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.
Acreditación da formación:
Ao remate de cada curso o ISSGA expedirá certificado de asistencia ao alumnado.
Control e seguimento das accións formativas:
O control e seguimento das accións formativas realizarase polo persoal técnico do ISSGA.
Custo dos cursos e financiamento:
A asistencia a estes cursos será gratuíta para as persoas seleccionadas.
1. A SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO (0,5 HORAS)
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. Lexislación de referencia. Organismos públicos con competencias na materia. O ISSGA
2. A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MAQUINARIA FORESTAL (2 HORAS)
- A motoserra
- A rozadoira
3. OS EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPI) (1 HORA)
4. PLANIFICACIÓN DOS TRABALLOS DE APROVEITAMENTO (1 HORA)
Recoñecemento previo da parcela
- Organización do método de traballo
5. PRIMEIROS AUXILIOS E PRIMEIRA INTERVENCIÓN EN CASO DE ACCIDENTE (1 HORA)
6. PRÁCTICAS DE MANEXO SEGURO DA MOTOSERRA (4,75 HORAS)
- Identificación dos dispositivos de seguridade
- Mantemento, montaxe e desmontaxe de motoserra
- Manexo da motoserra. Técnicas de apeo, derramado e tronzado
7. PRÁCTICAS DE MANEXO SEGURO DA ROZADOIRA (4,75 HORAS)
- Identificación dos dispositivos de seguridade
- Mantemento, montaxe e desmontaxe de rozadoira
- Manexo da rozadoira. Técnicas de traballo
DOCUMENTACIÓN.
Documentación
Descarga pdfs: