17/10/2025
O recurso preventivo e outras vixilancias de traballos
- Data: 17/10/2025 a 17/10/2025
- Inscrición: 19/09/2025 a 17/10/2025
- Duración: 2 horas
- Lugar de celebración: Centro Issga_Ourense
AFORO COMPLETO.
Os Institutos de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, Asturias, Cantabria e Pais Vasco veñen colaborando de xeito estable na elaboración de documentos técnicos en prevención de riscos laborais dando resposta a realidades comúns, sumando recursos e coñecemento na procura dunha maior eficiencia do servizo que prestan nos distintos territorios ao tecido empresarial e social.
Baixo esta idea de colaboración institucional e traballo compartido, o denominado Grupo CANO dos catro organismos, elabora e presenta conxuntamente nesta xornada hoxe en Ourense o “Manual do Recurso Preventivo e outras vixilancias de traballos”, que foi presentado xa en Santander e nas próximas semanas nas outras dúas CCAA.
Para a elaboración do manual levouse a cabo unha análise da diversa normativa na que aparece recollida esta figura preventiva e tamén tiveron en conta as consultas recibidas e os problemas de aplicación detectados no desenvolvemento das súas actuacións técnicas en distintos sectores como a construción e o naval.
Esta publicación aborda distintos aspectos sobre esta figura preventiva tratando de aclarar en que situacións é necesaria a súa presencia, a quen lle corresponde o seu nomeamento, e que funcións debe desenvolver, ademais propón modelos para a súa xestión práctica.
10.30 PRESENTACIÓN
Representantes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / ISSGA
10.35 APERTURA
Representantes dos órganos técnicos de PRL do Grupo Cano
10.45 MANUAL DO RECURSO PREVENTIVO E OUTRAS VIXILANCIAS DE TRABALLOS. GRUPO CANO
Angel López Álvarez. Xefe do centro ISSGA_Ourense
Héctor González Nóvoa. Xefe Área Técnica de Seguridade e Hixiene do centro ISSGA_Ourense
Fernando Javier Rodríguez Puertas. Xefe do Servizo de Asistencia Técnica Preventiva do ICASST
Javier Benito Avila. TSPRL Sector Primario do IAPRL
12.30 COLOQUIO E PECHE
Representantes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / ISSGA
Programa.
Documentación
Descarga pdfs: